No CPI Plurilingüe de Navia de Suarna creamos o curso pasado a Miniempresa Navia R3. Baseada na economía circular e centrada nas 3Rs (reducir, reutilizar e reciclar), na nosa miniempresa elaboramos tres produtos: xabón artesanal, papel reciclado e bolsas de tea. No IES Plurilingüe Castro da Uz fixéronse eco da nosa andaina e o día 5 de decembro alumnado e profesorado do Club de Ciencia desprazámonos ata As Pontes para explicarlles como elaborar xabón a partir de aceite usado de cociña.
Deixámosvos aquí un pouco de historia sobre a orixe do xabón e un vídeo explicativo para elaboralo ao modo naviego:
Onde xorde o xabón?
Os historiadores sitúan a orixe do xabón ao inicio da Era Cristiá.
Crese que foi na Roma Antiga, en concreto no Monte Sapo, onde a
palabra xabón tivo a súa orixe.
O
xabón vexetal, sen graxa animal, comezou a producirse en Europa a
partir do século XVI. Porén, foi no século XVIII cando o xabón
comezou a ser máis usado, debido á maior comprensión da
importancia da hixiene para a redución dos axentes patóxenos; feito
que levou a unha investigación moito maior sobre este tema. Todo
isto desembocou na produción industrial das primeiras pastillas de
xabón a finais do século XIX, na que influíron tamén
positivamente as campañas publicitarias levadas a cabo nos Estados
Unidos e en Europa para concienciar á poboación da relación entre
limpeza e saúde.
Como facemos o xabón na Miniempresa Navia R3?
Na Miniempresa Navia R3
elaboramos xabóns artesanais a partir de aceites vexetais usados de
oliva ou xirasol. Deste xeito transformamos nun produto útil algo
que soemos considerar un residuo: o aceite usado que xeramos nos
nosos fogares. Trátase
dun xabón que serve para a hixiene persoal, o lavado
de roupa a man e tamén
para
fregar a louza.
A
elaboración do mesmo baséase na denominada saponificación
en frío:
A saponificación ou hidrólise alcalina de graxas é o nome que se
lle dá á reacción química que permite liberar a glicerina dos
ácidos graxos, presentes nas graxas e aceites. Para levala a cabo
cómpre utilizar unha base ou disolución alcalina (sosa cáustica no
noso caso). Deste xeito obtense unha sal, que é o xabón, e a
glicerina. Esta reacción represéntase como segue:
Graxa + sosa cáustica (NaOH)------------------- Xabón + glicerina
No seguinte vídeo veredes explicado o proceso de elaboración do xabón e dos outros dous produtos feitos na Miniempresa Navia R3 (papel reciclado e bolsas de tea):
Ningún comentario:
Publicar un comentario