Nos vindeiros días celébrase en Madrid o Cumio do Clima. Expertos na temática e activistas de máis de 200 países abordarán a crise climática e buscarán solucións conxuntas destinadas a frear a emisión de gases de efecto invernadoiro; causantes do aumento da temperatura media da Terra.
Os seres humanos somos a única especie que, produto das nosas actividades diarias, estamos danando irreversiblemente o noso planeta.
Os seres humanos somos a única especie que, produto das nosas actividades diarias, estamos danando irreversiblemente o noso planeta.
Extinción non natural de especies, mares de plástico, cambios drásticos de temperatura, sequía, chuvias torrenciais; son só uns poucos sinais que a natureza nos envía para advertirnos de que o cambio climático é xa unha realidade e de que, de seguirmos así, non tardaremos moito tempo en chegar ao punto de non retorno.
Pero aínda estamos a tempo. Das accións individuais de cada un depende o futuro do planeta e, polo tanto, o futuro do ser humano e do resto de seres vivos.
No Club de Ciencia somos moi conscientes da situación actual e queremos sumarnos á loita contra o cambio climático. Velaquí un vídeo onde alumnado e profesorado expoñemos os nosos compromisos co planeta:
NON CAMBIES O CLIMA, CAMBIA TI!
Ningún comentario:
Publicar un comentario