Hoxe tivemos no Club de Ciencia aos pequecientífic@s de infantil e primaria. Agora que se achega o entroido, traían unha misión moi importante: "quitarlle a careta" ás cores dos rotuladores que tanto lles gustan para debuxar e pintar. Traballaron con moita ilusión e quedaron abraiados por como as tintas dos rotuladores nos menten.
Profesorado participante: Concepción Monteagudo López, Isabel Luna Fernández, Jairo González Fernández, José Manuel Prado Bernedo, Juana Dolores Villarnovo Rivas, Rosalía Pérez Gómez. Coordinadora:Ilda Sarceda González.
Etiquetas
ADN
(1)
Auga
(2)
Cambio climático
(2)
Contaminación
(1)
Coronavirus
(3)
Cromatografía
(2)
Dióxido de carbono
(1)
electroquímica
(2)
Faino ti!
(1)
Fluído non newtoniano
(1)
Logotipo
(1)
Nadal
(1)
pH
(1)
Pigmentos fotosintéticos
(2)
respiración celular
(1)
Samaín
(1)
Xabón artesanal
(1)
mércores, 29 de xaneiro de 2020
mércores, 22 de xaneiro de 2020
EXPERIMENTO 3: Desenmascarando as cores
FUNDAMENTO TEÓRICO: O círculo cromático clasifica as cores en:
Círculo cromático |
- Primarias: aquelas que non se poden obter mediante a mestura de ningunha outra cor. Estas son: amarelo, azul e vermello.
- Secundarias: aquelas que se obteñen mediante a mestura de dúas cores primarias, en partes iguais. Son: verde (amarelo+azul), maxenta (vermello+azul) e laranxa (amarelo+vermello).
- Terciarias: aquelas que se conseguen ao mesturar partes iguais dunha cor primaria e unha secundaria. Son matices dunha cor como, por exemplo, o verde azulado.
As tintas dos rotuladores, agás as correspondentes ás cores primarias, son mesturas homoxéneas de varias cores ou pigmentos. Estes poden separarse utilizando a técnica denominada cromatografía; baseada nas diferentes velocidades coas que se move cada unha das substancias dunha mestura homoxénea, a través dun medio poroso (papel de filtro), cando son arrastradas por un disolvente en movemento (fase móbil).
Vocabulario traballado: círculo cromático, pigmentos, cores primarias, cores secundarias, cores terciarias, cromatografía, eluínte, fase móbil, fase estacionaria, capilaridade, mestura homoxénea.
1.Pregunta: As seguintes tintas están formadas por unha soa cor ou por varias?
Hipóteses formuladas polo alumnado:
- Azul: unha soa cor porque é primaria.
- Verde: dúas cores (amarelo+azul) porque é unha cor secundaria.
- Gris: varias cores.
- Amarelo: unha soa cor porque é primaria.
- Negro: varias cores.
- Violeta: varias cores.
- Vermello: unha soa cor porque é primaria.
- Marrón: varias cores.
2.Obxectivo: comprobar se as cores anteriores son primarias ou se, pola contra, se trata de mesturas de varias cores. Para isto, separaremos e identificaremos os pigmentos presentes en diferentes tintas de rotuladores utilizando a técnica denominada cromatografía.
3.Materiais:
Materiais básicos - 8 rotuladores con tintas das cores anteriores (todos da mesma marca).
- Papel de filtro (8 cadrados).
- Tesoira.
- 1 lapis ou bolígrafo.
- 1 culler sopeira.
- 1 xerra de 1L.
- 8 vasos precipitados (tamén serven frascos de cristal e vasos).
- Sal común.
- Auga.
4. Procedemento experimental:
Montaxe experimental 2.Cortamos o papel de filtro en 8 cadrados; o suficientemente grandes como para que se suxeiten sobre os vasos. O papel de filtro é a fase estacionaria.3. Pintamos un círculo recheo no centro de cada cadrado e, no medio deste, facemos un furado pequeno coa punta dun lapis ou bolígrafo.Recomendación: o círculo debuxado debe levar varias capas da mesma cor.4. Cortamos tiras grosas de papel de filtro e dobrámolas lonxitudinalmente; de tal maneira que quede unha especie de cilindro que poida introducirse polo furado feito no papel de filtro.5. Por último colocamos os cadrados sobre os vasos, cos cilindros de papel somerxidos na auga salgada, e esperamos un pouco para observar os resultados.
5. Observacións e resultados:
Observamos que a auga salgada ascende por capilaridade a través do cilindro de papel e cando chega ao círculo pintado arrastra a tinta producíndose, nalgún dos casos, a separación da mesma nos pigmentos que a compoñen. Estes aparecen en forma de círculos concéntricos; de maneira que cada círculo pertence a unha cor distinta.
Os resultados obtidos foron os seguintes:- Azul: azul.
- Verde: amarelo e azul.
- Gris: laranxa e azul.
- Amarelo: amarelo.
- Negro: laranxa, maxenta e azul.
- Violeta: maxenta e azul.
- Vermello: vermello.
- Marrón: laranxa e azul.
6. Conclusións:- A cromatografía en papel de filtro permite a separación da tinta dos rotuladores nos pigmentos que a compoñen (círculos de distinta cor).
- Aquelas tintas nas que só aparece un pigmento son as denominadas cores primarias. Estas son: azul, amarelo e vermello. Polo tanto, estas cores non poden obterse por mestura doutras.
- O verde é unha cor secundaria; formada pola mestura de dúas cores primarias: amarela e azul.
- O violeta é unha cor terciaria; formada pola mestura dunha cor primaria e outra secundaria: azul e maxenta.
- As restantes tintas son mesturas homoxéneas de varios pigmentos; correspondentes estes a cores primarias (azul) e cores secundarias (laranxa e maxenta). Estas tintas son: gris, negro e marrón.
domingo, 19 de xaneiro de 2020
Logotipo do Club de Ciencia: Faino ti!
Presentámosvos o logotipo do Club de Ciencia: Faino ti!
Este, foi elaborado pola profesora Isabel Luna Fernández a partir dos debuxos sobre materiais de laboratorio feitos por: Lorena (1º ESO), Antón (3º ESO) e Iago (4º ESO).
Agardamos que vos guste!:)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
FUNDAMENTO TEÓRICO : O círculo cromático clasifica as cores en: Círculo cromático Primarias: aquelas que non se poden obter mediant...
-
O Club de Ciencia sumouse á celebración do Samaín . Velaquí vídeos e imaxes sobre a preparación dos experimentos que o alumnado r...
-
Nos vindeiros días celébrase en Madrid o Cumio do Clima . Expertos na temática e activistas de máis de 200 países abordarán a crise climá...
-
FUNDAMENTO TEÓRICO: as plantas teñen nutrición autótrofa e, polo tanto, realizan a fotosíntese . Para que esta se produza resulta impres...
-
FUNDAMENTO TEÓRICO: O dióxido de carbono ( CO 2 ) é un gas presente na atmosfera de maneira natural . A niveis normais este gas ...
-
Arrancamos cun novo proxecto! O Club de Ciencia: Faino ti! O CPI Plurilingüe de Navia de Suarna participa no programa de inn...
-
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia O Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado pola Asemblea Xeral da...
-
“ Existe unha forza motriz máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade” (Albert Einstein) ...